miércoles, 12 de diciembre de 2007

Entrega de polvoróns?

Si, si.... parece mentira pero xa nos entregaron os polvoróns e demais cousas. Pero non todo foi tan fácil confundíronse a repartir as caixas que lle tocaba a cada un ou algún acabou con máis polvoróns dos que pedira, pero os bombóns?. Deses si que non se confunden. Se se confundiran ninguén abriría a boca (para decilo, claro).

Cando nos entregaron os polvoróns foi a pasado martes 4. a verdade é que foi un pouco estresante para todos, pero máis aínda para as capitanas dos dous puntos(de saída e de chegada).O peor foi revisar se a mercancía viña ben.Despois viñeron os nosos pais buscálos e houbo que cargar todo nos coches de cada un.Ó final todo se fixo pero non é tan fácil como parece.

viernes, 30 de noviembre de 2007

Venta e entrega

Por fin nos deron a lista dos polvoróns que tiñamos que vender. Só lle gañábamos (redondeando) 5,00 €. Só había 5 céntimos de diferencia, de ganancia, entre o máis caro e o máis barato. A xente excusábase en que a vida vai moi cara... ja, ja, ja... me parto y me troncho. E os que che dan axuda 1,50€ ou así... pero de todas formas moitas gracias a todos por facer posible que este verán vaia ser a caña.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Por fin os permisos!!!


Onte por fin entregamos os permisos para comezar a vender. O pasado 16 de novembro a nosa profesora de lingua castelá entregounos os permisos para poder ir á nosa excursión prometida. Así poderemos comezar a vender dunha vez, porque xa hai persoas que se lle adiantaron a outras, e iso de algunha maneira é facerse a zancadilla entre compañeiros. A de sobrar xente a que venderlle.... O importante da excursión sobre todo é pasalo ben, pero se aínda non fomos e xa andamos a competir por quen vende máis ca outros , xa empezamos mal. Ah! Por certo o resultado das votacións da nosa encuesta sobre o destino da viaxe é o seguinte:


The winner is:


¡¡¡SEVILLA!!!


Ala! Só falta que coicida o destino elixido por nós co que elixirá a profe. ¡ QUE A SORTE NOS ACOMPAÑE!

miércoles, 14 de noviembre de 2007

"Limpieza" de alumnos

Non tódolos alumnos van asistir a excursión. Algüns quedarán fora tras unha "limpieza" baseada en sospeitas que poidan existir sobre o alumnado. Isto implica dubidas ou coñecemento de tráfico (venda,consumo...) de estupefacientes. Como tamén non irán as persoas que teñen moitos partes, que cometan agresión ou ameazas contra o profesorado...

Se estas persoas seguen querendo ir, sabendo que non o merecen, quedaremos todos en terra. É decir, nadie irá a excursión. Os profes van con nós voluntariamente, ningén os obriga. E se vamos darlle problemas pois mellor quedan na casa.

Desde aquí pedimoslle a esa xente que teñan un pouco de cabeza, porque pola súa culpa non temos que pagar todos. Non sexades egoistas.

viernes, 9 de noviembre de 2007

Polvoróns


Xa falta moi pouco para que comencemos a vender os polvoróns. Logo virán as rifas, bicas... Pero non só vendemos polvoróns, senón tamén uns bombóns deliciosos. Que por qué sabemos que son deliciosos? Porque xa llos compramos a rapaces doutros anos.+
Para que a excursión se realice necesitamos a colaboración doutras persoas xa que si non vendemos os polvoróns non temos cartos para pagala.

miércoles, 7 de noviembre de 2007

Conbe travel

Hola a tod@s somos conbe (conchi e bea). Este é o noso blog. Aquí vámosvos contar tódalas nosas andainas para preparar a viaxe de fin de curso. Todo o que aquí podedes atopar é: ilusións, problemas, nervios, etc.

Eu son Bea. Son a que vos vai contar todos as gracias que nos ocorran durante a preparación do nosa viaxe. Conchi é a que me frena un pouco porque a veces son un pouco terremoto.

Eu son Conchi.Son a que vos vai a contar todo o ocorrido na viaxe. Estou moui contenta de facer esa viaxe porque van ir persoas que me agradan moito, e que me fan rir un montón.Vai ser a mellor viaxe da miña vida.

MOITOS BIKOS